REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
(Museo Fortaleza de San Paio de Narla)
Departamento de Difusión
Praza da Soidade, s/n. – 27001 LUGO Telf.: 982 24 21 12 Fax: 982 240 240 difusion /www.museolugo.org
NOTA INFORMATIVA
Un ano máis, a Rede Museística da Deputación de Lugo da a coñecer o seu programa de obradoiros e actividades VERÁN NA REDE MUSEÍSTICA. Esta oferta caracterízase por propostas de todo tipo, para todas as idades, todas guiadas polo afán de aprender e gozar ao mesmo tempo. Unha mestura de coñecementos e entretementos que procuran que a cultura e a historia deste noso país, a que procuramos divulgar e transmitir desde as coleccións expostas nos catro museos da Rede, formen parte das nosas vidas tamén no verán.
De todos estas actividades acompañamos catro pdf, un coa oferta para cada un dos museos que integran a Rede Museística da Deputación de Lugo (Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza de San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor) co fin de facilitar ao público a elección das actividades.
Todas aquelas persoas interesadas en participar nestas actividades, poden formalizar a inscrición, gratuita, en cada un dos museos que integran a Rede Museística da Deputación de Lugo, a partir de mañá xoves. Esta inscrición tamén pode facerse efectiva o venres, día 24, no horario de cada museo, así como o sábado e o domingo.
Lugo, 22 de xuño de 2016
Deixa unha resposta