CONCERTO E ROTEIRO NOCTURNO POR SOUTOMERILLE PARA CONTINUAR REIVINDICANDO ESTE LUGAR EMBLEMÁTICO

Sábado, día 9 de XULLO de 2016

Con estes actos queremos reivindicar, unha vez máis, Soutomerille, xa que está sendo esquecido nas obras e sinalización que está facendo a Xunta.

20:30 h. Pequeno concerto na igrexa de Soutomerille.

Coa actuación do Grupo Tundal e Antón Valcarce

21:30 h. Cea no adro da igrexa.

22:30 h. Roteiro nocturno por Soutomerille ao remate da cea, para os que lles

apeteza.

Aclaracións:

-Os coches dos asistentes ao acto quedarán na areeira da Pallota, excepto algún que haxa que achegar para levar material.

-Cadaquén levará: foco ou lanterna, cadeira para sentar, etc.

No concerto e roteiro pode participar libremente quen o desexe.

Cea:

Os/As que queiran participar na cea teñen que comunicalo antes do día 3 de xullo, aod números de teléfono.: 659 52 39 60 // 626 01 41 05 ou no enderezo electrónico: amigospatrimoniodecastroverde

Prezo, estimado por persoa 10 euros.