REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
(Museo Fortaleza de San Paio de Narla)
Departamento de Difusión
Praza da Soidade, s/n. – 27001 LUGO Telf.: 982 24 21 12 Fax: 982 240 240difusion /www.museolugo.org
NOTA INFORMATIVA
O vindeiro mércores, día 22, ás 17:00 horas, terá lugar no Museo Fortaleza de San Paio de Narla (Friol) a inauguración da exposición e coloquio MULLERES EN TURQUÍA. RETRATOS DE CONVIVENCIA. Trátase dunha mostra fotográfica de Pedro Cantero sobre a sociedade e cultura turca a través de retratos de mulleres.
Despois do acto inaugural, haberá un coloquio, baixo o título “Entre culturas”, que contará coa participación de
-Pedro Cantero, director do Centro de Educación Permanente de Adultos do C. P. Monterroso
-Alí Lhana Díaz, tradutor del C. P. Monterroso. Experto en culturas mediterráneas e orientais.
-Víctor Fraga Gayoso, director de Programas C. P. Monterroso.
A entrada a estes actos é libre e gratuíta.
Pedro Cantero, director do Centro de Educación Permanente de Adultos do Centro Penitenciario de Monterroso, é o autor da mostra e o promotor no Centro Penitenciario dos Proxectos Educativos Europeos. Xunto ao seu equipo de colaboradores, aproveita o traballo de cooperación internacional entre organizacións educativas na Unión Europea, as experiencias compartidas e as viaxes realizadas ao longo dos últimos cursos para recompilar e seleccionar o material fotográfico.
Lugo, 20 de xuño de 2016
Deixa unha resposta