Xa vai facer un ano que o noso Baldo emprendeu a súa definitiva viaxe…

Para recordar, que non celebrar ese día, estamos a promover uns actos en Castro Vreerde, que é onde reposan os seus restos cumprindo a súa vontade.
Por suposto con ceremonia laica, con música e alegría a poder ser, e tamen coa proxección da película/documental A IMAXE REB/VELADA, que se proxectará no CPI de Castroverde. Haberá dous pases, un, o día 21 en horario escolar e para os nenos, como lle gostaría a él, e outro o día 27, xa público e aberto para todo aquel que lle poida interesar.

O día 1 de xullo ás 19:00 horas haberá un acto no cemiterio con música, flores e poesía, tal como pensamos lle gustaría.

Baldo Pestana partiu o día 7 de xullo do 2015.

Baldomero Pestana Pictures with song: Songe D’Automne by Latché Swing

Máis información en: https://vimeo.com/171323654