NOTA INFORMATIVA

Dentro das actividades programadas pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística, con motivo do ANO DE CASTELAO, dende mañá venres, día 1 de abril, poden visitarse no Museo Provincial de Lugo dúas mostras dedicadas a tan ilustre rianxeiro:

Caricaturas de Castelao de 1914 a 1924. Persoeiros da literatura galega

Reproducións a tamaño natural e en “cartón” as caricaturas que fixo dalgúns dos artistas dos que existe obra no Museo Provincial de Lugo, que permanecerán colocalas durante este ano nas salas onde teñen a obra exposta, tal como é o caso de Xesús Corredoria, Carlos Sobrino e o propio Castelao.

A colección de debuxos de Castelao do Museo Provincial de Lugo nos libros

Na propia sala dedicada a Castelao do Museo Provincial de Lugo pódese contemplar, ademais dunha autocaricatura, un par de vitrinas coas caricaturas que fixo de personaxes da literatura galega a carón de exemplares das obras destes personaxes existentes na biblioteca deste museo: Manuel Murguía, Wenceslao Fernández Florez, Sofía Casanova, a condesa de Pardo Bazán, Ramón Cabanillas, Valle-Inclán, Antón Villar Ponte, Vicente Risco, Antonio Rey Soto e López Aydillo.

Cómpre salientar para a exposición Castelao artista: Os fundamentos do seu estilo (1908 – 1920) do Museo de Pontevedra, o Museo Provincial de Lugo cedeu a obra “Touros en Santiago.”

Lugo, 31 de marzo de 2016