Boa noite!

O día 31 dos correntes, presento o poemario
"Valuria" en Sargadelos, ás 8 do serán.
Agradécese asistencia e tamén a súa expansión
no universo dos Amigos do Patrimonio de
Castroverde coma se dunha estrela se tratase
entre a gratitude do infinito.

Unha fonda aperta valura.
Xosé Otero Canto.

PD.- Valuria é o nome da Terra Chá.
Trata da etnografía, historia e lendas
romanceadas da Chaira.