BREVE RESUMO

CLAUSURA DO PROGRAMA LEADER 2007-2013

TERRAS DE LUGO GDR4

Onte, día 29 de xaneiro, persoas de varias asociacións e membros da Directiva do GDR4 asistimos ao acto de clausura, despois de case oito anos, ao programa LEADER 2007-2013. Para celebralo contamos coa actuación de dous magos do noso territorio: O Mago Antón e o Mago David Méndez.

Seguindo a tradición de anos anteriores de celebrar eventos en distintos lugares da comarca, escollemos o único concello que nos quedaba,Outeiro de Rei. Escollemos a palleira rehabilitada como salón de actos, dentro dun proxecto subvencionado por este LEADER nos seus albores: a Casa Museo de Manuel María.

Comentar que ao comenzo, Antonio V. Figueroa Paz fixo unha semblaza dos investimentos no territorio do GR4 – Terras de Lugo e augurando a nosa continuación no novo LIDER.

Ao remate interviron os presidentes que foron do GDR4, Mario Outeiro e Álvaro Santos que aludiron ao desenvolvemento dos proxectos e ao positivo que foron estes anos.

Logo interviu un servidor onde lembramos o comenzo do GDR4 e onde aludimos ao noso amigo e Vicepresidente da Asociación, Manolo Gómez que, non nos puido acompañar que, ben sabedes segue combalecente, mais agardamos que se recupere.

Dicir tamén que, asistiu a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto do Concello de Lugo e a Directora do CEI Nodus, Isabel Villamor.

Despois da actuación non Restaurante Soborvila disfrutamos dunha cea.

Saúde, Terra e Lingua