O pasado día 17 de outono realizamos o roteiro da Vía XIX polo noso concello e detectamos que había varios indicadores, “chitos” ocultos pola maleza e anacos do camiño da Vía XIX,  perto do río Tórdea, despois de Miranda que non se podía transitar. Comprometémonos, persoalmete, a limpalo. Achegamos unha amosa do traballo realizado o sábado, día 5 de decembro, por socios de Amigos do Patrimonio na Vía XIX, entre Pereira (Furís) e Tórdea. Aproveitamos tamén para limpar o fermoso cruceiro e pousadoiro de Miranda e repoñer un “chito” no Roteiro Furís – Páramo.