Breve Resumo VII Geminação – Hermanamiento

Irmandamento dos Castro Verdes da P. Ibérica

Castro Verde – Lugo 2015

Breve resume dos actos.

Venres, día 31

O Venres –ou Sexta-feira tivo lugar a recepción dos Castro Verdes a redor das 19.00 h. na praza do Concello.

Ás 21:30 h. – Cea

O sábado día 1 de agosto.

Ás 10:00 horas – Sesión protocolaria do VII Irmandamento, onde os representantes dos Concellos e Asociacións falaron brevemente da idea dos Irmandamentos e a necesidade de implicar ás respectivas asociacións, o Sr. Alcalde de Castroverde de Campos ofreceuse el para celebrar na súa localidade o VIII Irmandamento, coa idea de realizar unha Feira Medieval con participación de artesáns de cada unnha das localidades Irmandadas.

A seguir pequeno percorrido ata o campo da feira para descubrir a placa conmemorativa do VII Irmandamento dos Castros.

Arredor das 11:30 horas visita á Queixería Sto. André de Barredo, onde fomos agasallados coa proba dos queixos da súa produción e, que este ano acadou dous primeiros premios a nivel nacional. Agradecer a Carlos e a súa familia a explicación e visita á queixería.

Seguidamente. Percorrido: Barredo – Vilaxurxo – Soutomerille onde os visitantes e locais puidemos disfrutar da paisaxe e patrimonio da zona.

– Xantar / Almoço

Ás 17:00 h. saída para visitar os canóns da Ribeira Sacra con diversas explicacións sobre a produción vitivinícola, avifauna e arbores da zona, entre outros moitos aspectos. Regresamos perto das 23 horas.

2 de agosto (Domingo)

A partir das 11:00 h. Percorrido: Praza do Concello – Campo da Feira – Pendellos – Veiga do Olmo – Miradoiro Monte da Lomba.

Seguidamente, visita á capela do Carme e a súa contorna.

Ás 14:00 h. Xantar.

Despois de Xantar. despedida ata o vindeiro ano.

E de aquí alá, agardamos, polo menos, comunicarnos.

Saúde, Terra e Lingua.

Manolo