BREVE RESUMO ROTEIRO EILADRÁN – MOSTEIRO (POL)

              (RÍO AZÚMARA E DÚAS DAS SÚAS FONTES)

 

Neste sábado, día 14 de marzo, bastante frío, mais con vistas sobre as terras de Castro Verde ata a Chaira, Serra de Meira, Baleira etc.

Arredor das dez da mañá saímos de Eiladrán onde houbo un abundante campo de mámoas e actualmente no queda nin rastro, dicir que partimos do cruce dun dos roteiros dos muíños do Poente, o que vai desde Rodinso ata o muíño de Veiga. Ascendemos ata os eólicos pasando por unha das fontes do río Azúmara, o ruído persistente dos eólicos foi molesto ao longo do percorrido, mais foi compensado o percorido polas ponorámicas que nos ofrecía; desde os lugares máis próximos, como poden ser; O Gruñedo, Maceda, San Cibrao, etc., serra de Monciro, terras de Pol ata Penas de Rodas e toda a Chaira ao fondo, para o lado de Baleira; San Romao, A Braña, Millares, etc. e ao fondo terras ata a Fonsagrada e Serra de Meira. Descendendo xa no Municipio de Pol; Gondel, Trasín, Outeiro, onde volvemos cruzar o río Azúmara, pero xa grandiño, logo a parroquia de Luaces e finalmene Mosteiro onde visitamos o carballo de Ónega, un dos catalogados dentro do traballo das Árbores Senlleiras da Terra Chá, visita ao muíño de Pacio e área recreativa. De volta visitamos outra fonte importante do río Azúmara, ao Pé do Monte de Monciro, entre os lugares de Pena e Sarceda, fonte merecente de conservar e visitar.

Subtitulamos río Azúmara e dúas fontes porque en realidade estivemos na contorna do río e ao pé de dúas das súas fontes importantes.

 

Pola tarde, logo dun pequeno debate sobre a situación do patrimonio de Castro Verde. A Asociación de Amigos do Patrimonio de Castro Verde vén de tomar o acordo de transformar o antigo castiñeiro derrubado no entorno da igrexa prerrománica de Soutomerille nun símbolo monumental cuxa escultura serva de chamada de atención sobre o alarmante deterioro que se está a producir no importante legado cultural do municipio e sobre a falta de interese pola súa conservación, así como para que dito suceso se transforme en enerxía positiva que marque un punto de inflexión nesta preocupante situación de emerxencia.
Con este fin, Amigos do Patrimonio acordou igualmente trasladar o toro de dita árbore a un lugar emblemático no Camiño Primitivo de Santiago, preferentemente nos accesos ao albergue de peregrinos, lugar no que se acompañará dunha praca explicativa que cumpra a función de reclamo para que o irrepetible conxunto histórico e natural de Soutomerille goce de unha última oportunidade perante todos os visitantes do mundo ao paso pola primeira das rotas xacobeas.

Caso de ser necesario, a Asociación erixirá o monumento con achegas voluntarias favorables a esta nobre causa, recabando igualmente o apoio e colaboración do Concello de Castro Verde a tal efecto.

 

Saúde, Terra e Lingua.

Manolo