BREVE RESUMO

ROTEIRO ESTRADA DA REPÚBLICA. RUTA DE LIÑARES DE BEDUL Á PONTE DE VILABOL

No día de hoxe, domingo, 14 de decembro, realizamos este fermoso roteiro xunto ás Asociacións de Lourenza e Pasada das Cabras de Burela.

Fermoso roteiro comenzando a camiñada á altura da Fornaza,O Vilar da Cuíña ata a Ponte Vilabol e algúns continuamos ata máis arriba da Praia fluvial da Pena do Inferno. Trransitamos por antigos Barreiros contemplando aldeas abandonadas, magníficos bosques con vexetación mediterránea, antigas construcións tradicionais como cortíns, ouriceiras, soutos e como remate contemplar os fermosos meandros que se forman na “cola” do embalse de Salime.

Camiñamos á beira do río pola “Carretera da República,” feita a man nos anos 30 e 40.

Puidemos contemplar fermosas paisaxes, observar a impresionante variedade da natureza, con diferentes clases de arboredos, fervenzas, etc. e alimentarnos ao longo do percorrido de érbedos, erbedeiros, erbedros, moroteiros, morongueiros, morodeiros, amoroqueiros ou albedros entre outras denominacións.

Darlles as grazas aos organizadores e non esquecer volvernos xuntar na Fonsagrada ou noutros lugares.

Saúde. Terra e Lingua.

Manolo