PROGRAMA
Xoves, 4 de decembro, ás 20:00 h.
Refectorio do MPLugo
Ana Cabana Iglesia: ”Detrás dos heroes, nas marxes do cotián. Vivivir o franquismo na Galicia dos anos da fame.
Doutora en Historia Contemporánea e profesora do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela. Especialista na investigación arredor da historia agraria, a historia contemporánea e a historia rural de Galiza.

Mércores, 10 de decembro, ás 20:00 h.
Refectorio do MPLugo
Hartmut Heine: ”A Federación e o Exército Guerrilleiro: dous conceptos distintos da loita guerrilleira.
Doutor en Historia pola Universidade Libre de Berlín .

Mércores, 17 de decembro, ás 20:00 h.
Refectorio do MPLugo
Eliseo Fernández: ”Represión e supervivencia do sindicalismo de clase no primeiro franquismo.
Especialista no estudo do movemento operario en Galiza no século XX, principalmente o sindicalismo libertario. Tamén destaca polo seu activismo cultural e en prol da memoria, a través da Asociación Memoria Histórica Democrática e o Ateneo Ferrolán.