A asociación IESCHA VISITA O ROTEIRO VAL DO RÍO TÓRDEA

Uns trinta e pico de socios/as do IESCHA de Vilaba visitou Castro Verde, percorrendo a maior parte do roteiro do Val do río Tórdea, desde o Camiño Ancho a Espasande, visita a igrexa, camiño da ponte de Ferradal para achegarse, por Sucastro a Cellán de Mosteiro para visistar; castiñeiros, sobreira, pombal e pazo, visita á igrexa vella, subida á Pumarega para ver o Pazo, por debaixo da casa do Feirobal, camiño do Campairo, subida ao Vilar para achegarnos a Cellán de Calvos, baixada por detrás do Pereirón, croas de de Pereiramá, para voltar ao Camiño Ancho.
Pola tarde visita ao campo e pendellos da feira e visia a torre da Fortaleza.

Agardamos que os amigos do Iescha levasen bo recordo de Castro Verde.
Saúde, Terra e Lingua.
Manolo Muñiz