CLUB CULTURAL VALLE-INCLÁN
ARREDOR DE BENXAMÍN CASAL.
A GALICIA AGRARIA

Salón de actos da Deputación Provincial
28 – 30 de outubro e 4 -5 de novembro – 20,00 horas
O Club Cultural Valle-Inclán, recollendo o desexo e suxestións de
moitas persoas e entidades lucenses, organiza un ciclo de conferencias
en lembranza de Benxamín Casal Vila, Doutor Enxeñeiro Agrónomo,
economista, político e escritor falecido en 2013, polo activo papel que
desempeñou na sociedade lucense, en parte precisamente desde a
presidencia do mesmo C.C. Valle-Inclán, reflexionando e chamando a
atención sobre múltiples aspectos e facetas da economía galega,
maiormente a de ámbito agrario e gandeiro, así como a súa incidencia na
conformación e organización do territorio, sobre todo rural, de Galicia
Coa intención de tratar de xeito sistemático e científico os temas
propostos, pero considerando así mesmo a necesidade de que os
coñecementos expostos no dito ciclo cheguen ao común da sociedade e esta
os poida debater e mesmo contribuír á solución dos problemas constatados,
proponse o seguinte programa:
Martes 28 de outubro: “Benxamín Casal: Un alento renovador na
agricultura galega” por Francisco Díaz-Fierros Viqueira. Catedrático
Emérito da Universidade de Santiago. Membro numerario da R.A.G.
Xoves 30 de outubro:“Galicia potencial paraíso ecolóxico” por Ernesto
Sánchez Salgado. Enxeñeiro Técnico Agrícola. Director Técnico do
Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.
Martes 4 de novembro: “Os soutos de castiñeiros” por Antonio
Rigueiro Rodríguez. Doutor Enxeñeiro de Montes pola Universidade
Politécnica de Madrid.
Mércores 5 de novembro: “A calidade e a industrialización
agroalimentaria en Galicia” por José Mouriño Cuba. Licenciado en
Ciencias Biolóxicas. Enxeñeiro Técnico Agrícola.