En Melide diante da igrexa do Sancti Spiritus |
Neste sábado, algo frío de mañá, mais luminoso e agradable, continuamos co Camiño a Santiago onde remataramos o ano pasado o traxecto do Camiño Primitivo, na praza que temos diante do Concello de Melide encóntranse o Camiño Primitivo e o Camiño Francés. Non imos falar aquí de Melide, xa que o fixemos o ano pasado, tan só dicir que partimos desde a praza do concello e convento Sancti Spiritus para visitarmos a igrexa do Carme desde onde hai unha boa vista de Melide. Camiño de Arzúa pasamos por Santa María, O Raído, Boente e Castañeda que, son lugares de tradición xacobea, en Boente é de salientar a súa igrexa de Santiago, e Castañeda que era famosa polos fornos do cal empregado na catedral de Santiago. As pequenas pedras que traían os peregrinos medievais desde as canteiras calcáreas de Triacastela que, era un símbolo de participación na empresa construtiva.
Dicir que desde Melide a Arzúa cruzamos tres ríos abundantes en auga, polo menos nesta época e neste ano, así cruzamos o río Furelos, o río Boente e finalmente o río Iso que ao atravesármolo por unha ponte de orixe medieval dá acceso ao que fora o hospital de Ribadiso, un dos últimos hostpitais que permaneceu aberto no Camiño Francés ao servizo do peregrino. O edificio inmediato ao río foi restaurado e recuperado como albergue de peregrinos en 1993, conformando unha zona acolledora e ben fermosa. Comentar que aquí foi onde comemos e seguidamente fomos atendidos polas persoas que atenden o albergue e, que nos ensinaron as instalacións, agradecer a amabilidade de todos eles, especialmente, a amabilidade de Manolo. Tan só unha crítica, a quen corresponda, o feismo dos contedores do lixo diante deste aocolledor albergue, instamos desde aquí, a quen corresponda que poña os medios para remediar este feismo que, consideramos que non é tan difícil de encontrar unha solución.
Logo, seguimos ata Arzúa, famosa polos queixos da súa comarca, aquí podemos encontrar a Rúa do Peregrino, a igrexa de Santiago e, a capela da Madalena, pertencente a un desaparecido hospital.
En Arzúa concluímos a camiñata de hoxe.
Saúde e Terra.
Manolo Muñiz

Deixa unha resposta