Asociacións participantes: AGRUPACIÓN INSTRUCTIVA DE CAAMOUCO, Redes-Ares. ASOCIACIÓN ANDAINA A CANTEIRA, DE NEDA. ASOCIACIÓN ARUMES DO CORGO. ASOCIACIÓN ROTEIROS DE POL. ASOCIACIÓN CULTURAL ARCAS DE SARRIA. AMIGOS DO PATIMONIO DE CASTROVERDE.
Este sábado, 31 de maio tivo lugar este VII Encontro de Asociacións que transcorreu pola Foz das Aceas do río Sárria e as Catro Pontes do río Celeiro e Sárria. Saimos da Rúa Peregrino para irmos pola RIBELA.- ACEA DE BAIXO.- ACEA DE RIBA-. PONTE DE FAFIÁN.- VEIGADELO-FARBÁN.- MOSTEIRO DA MADALENA.- PONTE DA ÁSPERA.- PONTE VELLA DO MAZADOIRO.- PONTE VELLA.- PONTE RIBEIRA. Percorrendo marxes dos ríos Sárria e Celeiro.
En total participamos unhas 190 persoas.
Agradecer a organización de Arcas de Sárria, especialmente as explicacións de Arlindo (Xaime Félix López Arias). Comentar que na sesión do café acompañáronnos Mini e Mero e pola tarde na Sociedade da Unión o grupo Rebuldeira deleitounos con diversos “sketchs” cómicos, agradecer a súa actuación e felicitar a todos, especialmente a Ana de Arcas. Seguidamente actuación do Luthier Xermán que nos interpretou diversas cantigas populares. Salientar tamén a participación de Cacabelos, da Agrupación Redes-Caamouco que interpretou o Don Gaiferos e a intervención de César, Miguel e Pepe Yáñez de Amigos do Patrimonio que interpretaron diversar cantigas populares. Grazas a todos eles.
Finalmente, salientar que o roteiro tamén tivo un carácter reinvindecativo contra as actuacións que se están a levar co encanamento do río Sárria e as perversas actuacións que queren realizar nalgunhas das catro pontes.
Saúde, Terra e Lingua
Manolo
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/RESUMERoteiroDaFozDasAceasEAsCatroPontes?authuser=0&feat=directlink
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/VIIENCONTRODEASOCIACIONSCULTURAISERoteiroDaFozDasAceasEAsCatroPontes2?authuser=0&feat=directlink
Deixa unha resposta