Nunha mañá con orballo, saímos á hora prevista camiño de A Capela para visitar os museos; segundo iamos a choiva foi parando e tivemos un día bastante aceptable. Ao chegarmos á Capela, agardábanos SecundinoGarcía Mera (nado en Neda), mestre, educador, impulsor clave da recuperación do patrimonio etnográfico nas Terras do Eume e coñecido especialmente por liderar a creación do Museo Etnográfico de A Capela.
Comenzando a visita poloMuseo da Escola (na Casa da Cultura de As Neves): Un espazo dedicado á historia da educación e ás antigas escolas unitarias da zona desde mediados do século XIX ata o presente.
A seguir achegámonosÁ Casa do Pazo: Antiga casa reitoral na parroquia de Santiago da Capela, habilitada como sede central para recrear unha vivenda rural tradicional galega (cociña, cuartos, sala de tecidos, oficios, etc.) Logo de ver todos os aspectos desta casa, o amigo Quique, leu un emocionante comunicado para o que fora o seu mestre, Secundino, que non volvera a ver desde que tiña uns sete anos, dirixiulle unhas palabras agarimosas e de admiración que fixeron que todos nos emocionásemos. Agradecemos o entusiasmo das explicacións de Secundino e as palabras de Quique.
Pola tarde, despois de xantar visitamos Pontedeume onde nos agardaba a guía Carla a quen agradecemos desde aquí as súas explicacións.
Agardábanos no Torreón dos Andrade. Torre de homenaxe do antigo pazo desta poderosa familia nobiliaria do Medievo, que hoxe alberga un centro de interpretación e que non puidemos visitar por mor das obras que se están a realizar.
Desde aquí falounos da muralla de Pontedeume que fomos camiñando, por onde se supón que estaría, mentres nos explicaba a Ponte de Pedra. O seu símbolo que cruza o río Eume, que tivo 78 arcos e hoxe conserva 15.
Continuramos polo Casco Histórico, praza con encanto como son; a Praza Real a Praza do Conde, Praza de San Roque, típica praza maiñeira, rúas empedradas, soportais e monumentos como a o Convento de San Agustín, Igrexa de As Virtudes, rematando a visita na Igrexa de Santiago.
Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio
Manolo

































Deixa unha resposta