Bo día,

A Reserva da Biosfera Terras do Miño ten unha programación trimestral de actividades que se levan a cabo, fundamentalmente, no Centro de Interpretación Terras do Miño no Paseo do Rato, municipio de Lugo.

Co obxectivo de deslocalizar estas actividades nos 25 concellos restantes da Reserva da Biosfera, nas vindeiras reunións do Órgano de Participación e Reitor da Reserva da Biosfera Terras do Miño do 2026 aprobarase a programación de actividades da anualidade 2027 para realizar en cada un dos concellos da Reserva da Biosfera que se animen a participar nesta iniciativa.

Por esta razón, ábrese un prazo que remata o vindeiro venres 20 de novembro de 2026 (incluído) para que os concellos, entidades e asociacións da Reserva da Biosfera poidan presentar as súas propostas.

As referidas propostas deberán ser remitidas a este correo electrónico. Para orientarlles sobre o tipo de actividades que se poden solicitar, achegamos xunto con este correo as programacións trimestrais do Centro de Interpretación Terras do Miño do ano 2026.

Estas iniciativas ofrécenlles aos cidadáns unha alternativa lúdica e formativa totalmente gratuíta e que achega á poboación coñecementos sobre os valores naturais existentes na Reserva. É a nosa intención seguir promovendo iniciativas como esta, que, ademais de servirlle aos veciños e veciñas como alternativa de ocio, pon de manifesto a riqueza medioambiental desta Reserva da Biosfera.

Esperamos que a iniciativa resulte do seu interese e animámoslle a participar.

Un cordial saúdo,

CARTEL CI RB TM 2026 3T.PDF