BREVE RESUMO ROTEIRO FONTE DO TEIXO-PEDRAFITA

Sábado, 10 de San Xoán – Pedrafita

Tal como estaba previsto, pasadas as dez da mañá, logo da recepción por parte da organización do CPI Uxío Novoneira de Pedrafita, partimos desde a praza do Concello para inaugurar o Roteiro Fonte do Teixo. Aínda que a mañá non auguraba boa, xa que tivemos algo de choiva ao comenzo, pouco a pouco foi abrindo o día e logo de chegar ao Cebreiro, breve visita ao lugar e igrexa de Santa María a Real, volta a Pedrafita. De volta e con mellor tempo puidemos ver algún dos lugares que se divisan Barxamaior e a propia Pedrafita entre outros lugares.

De volta refrixerio na Casa da Cultura, agradecer a todos os organizadores e colaboradores a sinalización do Roteiro e a colaboraición nos diferentes aspectos.

Pola tarde, despois do xantar, de volta achegámonos a visitar Os Grobos. A Fraga dos Grobos, lugar digno de visita, con imponentes rochedos no medio dunha vasta e varíada vexetación.

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio

Manolo

RESUMO ROTEIRO PEDRAFITA_FONTE DO TEIXO.docx