BREVE RESUMO DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO MUNDIAL

Sábado, 12 de novembro de 2022

Neste día lumninoso do mes de Santos, celebramos o día INTERNACIONAL DO PATRIMONIO MUNDIAL adiantándonos á data que sería o día 16 de novembro.

Quixemos reivindicar con este percorrido dous elementos do Camiño Primitivo ao seu paso polo Concello de Castroverde; A Torre da Fortaleza e o Conxunto de Soutomerille, á parte do propio Camiño polas Penas de San Lázaro.

Comenzo do roteiro con visita á Torre da Fortaleza, onde o noso socio e amigo Felipe Arias Vila nos explicou o Castro e A Torre da Fortaleza, agradecer que nos acompañara neste día.

A seguir baixamos polas Penas de San Lázaro, San Miguel do Camiño, Penalonga, Souto de Torres, O Mesón de Fraiás, Moreira, Vilar de Cas, neste lugar, no albergue A Pociña de Muñiz, breve refrixerio e, a continuación dirixímonos a Soutomerille, onde visitamos os Asentos dos Mouros, Cemiterio, Castiñeiro da Corredoria e a igrexa prerrománica.

Comentar que nos acompañaron dous socios da Asociación Castrum Viride de Castroverde de Campos (Zamora), agradecer que estiveran esta fin de semana connosco.

Podedes consultar o que fan os nosos tocaios en:

https://castrum-viride.webnode.es/

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio.