Fóronse as meigas … e viñeron os Magos, Amigos do Patrimonio de Castroverde, novamente nas ondas
O socio que está ao cargo de informática e a publicación desta revista dixital da
Asociación Cultural dos Amigos do Patrimonio de Castroverde pide perdón por estes días que non poidemos estar no espazo da Internet e, consecuentemente, non poidemos publicar os vosos comunicados e artigos. Non foi que estivéramos de vacacións. ¡Quén as catara! …. Pasou que o servidor onde reside este blog,
Blogger, anda de mudanza de versións e foi imposible de todas- todas o acceso a nosa páxina. Dí o dito popular que meigas non hai, mais, haberlas hailas. Deberon conxurarse todas elas xuntas, incluindo a unha boa presada que ben conozo e sobreviven polas carballeiras e castiñeiros de Xivil, Pozos e Pena. O conxuro que fixeron consistía en foder, ben fodido, a este blog. Non poideron e as fodidas foron elas.
Por contra, o milagre fíxose nesta noite máxica que vai do cinco ao seis de Xaneiro, a noite dos Magos, e novamente fíxose a luz. De novo estamos nas ondas hertzianas o da natureza que sexan. Suas Maxestades trouxéronos novamente a nosa revista. Grazas a eles e a vos pola vosa pacienza. Como Blogger acolle nosa revista gratuitamente, non cabe reclamación algunha.
Como podédes ver na foto, toda-las mañás botáballe á ordeñadora –o meu é fémia– a sua ración de gasoliña. Nin por esas.
Deixa unha resposta