O martes, día 2 de novembro tivemos un acto de celebración do 50 aniversario do programa Home e Biosfera.

A Deputación de Lugo seleccionou os nosos roteiros para realizar unha visita do Deputado de Medioambiente e técnicos dese servizo.

Ás 13:00 h. varios socios/as estivemos no panel principal de Soutomerille (Rotonda de Paderne), onde agardamos ao Deputado de Medio Ambiente, José Luís Raposo Magdalena, e percorremos un tramiño do roteiro de Soutomerille, desde a areeira da Pallota ata Soutomerille, visitando a igrexa, castiñeiro da corredoira, cemiterio e Casa Torre de Arriba para voltar a Pallota. Comentar que asistimos unhas 20 persaoas, aínda que na foto aparece algunha menos.

Saúdos

Manolo Muñiz

http://www.deputacionlugo.gal/gl/node/76644

https://www.elprogreso.es/gl/articulo/comarcas/ruta-abrio-actos-50-aniversario-programa-mab-unesco/202111022108361537226.html