Xornadas en defensa do courel

(12 e 13 de Maio- 2007) A Asociación participou nas Xornadas de ADEGA en defensa do Patrimonio paisaxístico

Resumo de Pepe Yáñez.
Secretario da Asociación dos Amigos do Patrimonio de Castroverde

Día 12:

Despois de recibir a documentación, ás nove h., como estaba previsto no programa de man, Adela, Presidenta de ADEGA, fixo a inauguración das Xornadas, salentando que “No Courel conflúen os valores ambientais de máximo interese e de maior fraxilidade. É unha das bisbarras de maior biodiversidade da Galiza… O Courel, Terra Matria, representa o lombo en que Galiza se deita para mollar os seus pés no Atlántico e xerar toda a riqueza das Rías… Quen non respecta a mai e o pai non se respeta a si mesmo. As nosas serras interiores son o cerne da nosa Terra. Defendéndoas mereceremos o respeito que como pobo deberamos merecer”.
A continuación tiñeron lugar as ponencias de tres mesas:

– Mesa 1: Xeodiversidade, que desenvolveron Xoán Ramón Vidal Romaní e Aurora Grandal d´Anglade.
– Mesa 2: Biodiversidade do Courel, por Pablo Ramil Rego e Manuel Antonio Rodríguez Guitián.
– Mesa 3: Patrimonio, Cultura, Paisaxe, Etnografía. Presentados por Felipe Arias Vilas, José Carlos Carreira Vázquez e Rafael Crecente Maseda. Todos abertos en todo momento ao Coloquio, que se provocaba especialmente ao final de cada intervención.

Pola tarde, a partir das catro, realizáronse os Grupos de Traballo sobre a Problemática xeral do Courel e Alternativas e posibilidades de solución. A última hora, de 18.30 a 19.30 h., celebrouse unha Mesa Redonda: Posicionamento da Administración sobre a problemática do Courel e posibilidades de desenvolvemento na zona. Participaron os representantes das distintas Consellerías da Xunta, desde o Sr. Delegado de Cultura até os Sr. Alcalde de Triacastela e representante do Concello de Samos, pasando por Medio Ambiente, Industria, etc. E o coloquio final. Rematouse coa obrigada “foto de familia”e cea voluntaria…


Día 13:

Todo o día de roteiro polo Courel. Coa ameazante choiva que cesaba intermitente, saímos unhas cuarenta persoas, que fomos até a Poboa de Brollón, onde paramos, algúns para almorzar, e todos para dispornos á subida do monte da Mesa dos catro Cabaleiros, onde se reunían os catro alcaldes dos catro Concellos confinantes no sitio: os de Póboa de Brollón, do Incio, de Samos e do Courel. Coroando o monte deixamos a rota do Carballal para dirixirnos, por Parada dos Montes, ás cercaías de Froxán, onde se celebra a Pisa da Castaña. Dende a pista do Forestal poidemos observar o seu entorno, que chaman os Canons do Lor, así como as casas do Vilar, xunto do famoso castro celta, nun teso rodeado por o mesmo río. Máis adiante podiamos ver o poboado de Vilamor, o mesmo que o da Campa, onde se atopa a famosa Louseira, que, baixo a lei da gravidade, atoa o río da Campa, moi cerquiña do Lor. Saíndo logo de novo á pista do Carballal baixamos en repente cig-zag á ponte do Lor onde se xunta co río Lóuzara. Despois, pasando pola capitalidade do Concello, Folgoso de Caurel, – non Courel, din os do lugar-, seguimos até o mesón de Manuel, O Pontón, en Ferreirós de Abaixo. Alí abrigámonos dun grande torbón, mentras repoñiamos forzas cos nosos “bocatas”, reforzados co bo viño, café, etc., e mesmo co son da gaita e pandeireta dunha improvisada banda do gaiteiro de Pardiñas, o que provocou tamén uns puntos de baile galego.

Volvendo ao autobús, seguimos poloo lado dereito do Lor até a Ferrería Vella, onde collémola a pista de Mercurín e a uns centos de metros paramos para ver e admirar o Val das Mouras, laberinto de rochas mouras en parte cubertas dun musgo sedoso. O noso guía principal Orlando explicábamos que a orixinal paisaxe se debía sen dúbida á ruina de vellas covas de compoñente calizo. Eu – que fun mestre un curso, compartindo nos dous Colexios de Folgoso e Seoane- sentinme abraiado ante semellante espectáculo e ante o feito de non ter nunca ata hoxe oído falar do Val das Mouras.

A continuación iniciámo-lo retorno, pasando por Seoane, a outra vila do Caurel, e collendo a rota de Lóuzara-Samos pasamos por cinco núcleos típicos de población: Meiraos, Vilasivil, Miraz, (onde nos baixamos para admirar ao Norde o Taro Branco, unha ladeira do monte en rocha branca e sen vexetación, e enfrente as Toras), Paderne,

(onde tamén paramos para ver de frente, ao Sur, a Devesa de Paderne, a segunda máis importante da comarca. Seguindo até Pedradita do Caurel, despedímonos coroando a montaña e, xa en Samos, iniciando o descenso a Lóuzara e, sen parar, retornamos a Lugo ás 20.30 h. Algo cansados, pero felices de vivir e revivir tan bonito roteiro…