BREVE RESUMO VISITA A VARIOS FORNOS DO CAL NO CONCELLO DE CASTRO VERDE- CONFERENCIA: O USO DA TERRA E O
CAL POLA ARQUITECTA MARÍA TERESA GONZÁLEZ MORGADE
14-02-2026
Neste día 14 de febreiro, logo de tanta choiva, tivemos a sorte que nos acompañara o sol, aínda que por veces orballou.
Comezamos a visita polo forno do cal de Bolaño, subimos ver a canteira de caliza da Valiña e aproveitamos para achegarnos á cova da Valiña de onde se extraeu tamén pedra para o cal. Seguimos ata Serés para subir e ver o forno do Toutón, onde puidemos observar a súa estrutura, voltamos para visitar o forno de Vilar de Serés
Seguidamente achegámonos ao lugar dos fornos de Castedo que conservan bastante ben a súa estrutura, mágoa da maleza que teñen todos, estes e os anteriores, na súa contorna e mesmo dentro do forno. Continuamos para ver no cruce de Vilafrío onde segundo nos dixo o socio Pablo Castedo, existiron ata tres fornos.
Baixamos a Córneas, onde puidemos observar outro dos fornos e detivémonos para falarmos da Cruz de Córneas. Cruz latina, sen imaxes, de importantes proporcións, que posúe unha sección cuadrangular námbolos dous brazos con pequenos biseis. Apóiase nunha base de estrutura poliédrica e paralelepípeda irregular. Toda ela é de granito, esbelta e sinxela con dúas inscricións: cara norte: ALONSO MORÁN ANO 1766 /Inscrición sur: DE CORNIAS
Pasando pola Meda puidemos ver ao lonxe o lugar onde houbo outros tres fornos, concretamente no camiño chamado dos fornos e ao fondo a caleira de A Meda. Tiñamos pensado, de volta a Castro Verde, visitar o forno de Outeiro, os fornos de Silvaldes e o de Rebordaos, mais teremos que visitalos noutra ocasión.
Pola tarde; conferencia da arquitecta María Teresa González Morgade que nos falou do uso da Terra e o Cal desde o Neolítico, pasando pola época romana, época medieval ata case primeiros anos do século XX. Falándonos de bandos municipais onde se dicía que se encalaran as casas, amosándonos fotos das diferentes épocas, mesmo con fotos de prazas como puido ser a de Pontevedra encaldas a finais do século XIX e principios do XX. Amosando os traballos que realizou na zona do Courel, Mondoñedo e mesmo en Castro Verde, e como saía o cal desde o porto de Ribadeo para os diversos portos de Galicia daquela época, para os lugares que non había cal. Despois da conferencia varios dos asistentes establecéndose un coloquio arredor do cal. Agradecer a María Teresa que tivera a amablidade de achegarse ata Castro Verde para falarnos da industria do cal. Graciñas
Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio
Manolo
- ???????
- ???????
- ???????
- ???????






























Deixa unha resposta