O vindeiro 5 de novembro 2025 cumpriranse 20 anos da Asemblea na que se constituíu a Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde. Por esa razón, as persoas que conformamos a directiva actual queremos organizar un acto conmemorativo. Por distintos motivos, a data de celebración tívose que trasladar ao día 23 de novembro.
Algúns dos socios/as fundacionais xa nos deixaron, gustaríanos que o acto tivese a maior participación posible, polo que te animamos a asistir.
Aqueles asistentes que queiran participar dun xeito máis activo, pronunciando unhas palabras durante o acto sobre calquera cousa que guste, relacionada coa vida da asociación, (valoración persoal dos resultados acadados pola asociación, desexos para o futuro da mesma, lembranza de calquera anécdota, etc.).
A fin de organizar mellor o acto, pedímosche que constestes a este correo indicando se vas a asistir e, se estás disposto a intervir durante o mesmo.
Saúdos cordiais.
Os membros da directiva actual da AAPC.
En Lugo- Castro Verde, a finais de outubro de 2025.









Deixa unha resposta