🌍 Hoxe celebramos o Día Internacional das Reservas da Biosfera da UNESCO
Aproveitamos esta data para compartir parte do traballo que estamos a desenvolver grazas ao apoio da Deputación de Lugo e á Reserva da Biosfera Terras do Miño.
🔎 A través da subvención concedida, puidemos afondar na historia económica, social e patrimonial do noso concello, cun proxecto centrado nos fornos de cal, auténticos testemuños do noso pasado produtivo.
📍A actividade consistiu na xeolocalización dos fornos coñecidos e na investigación das súas características estruturais, económicas e culturais, co obxectivo de conservar e poñer en valor este valioso patrimonio.
🤝 Grazas a esta iniciativa, seguimos a fortalecer a ligazón entre o territorio, a súa historia e as persoas que o habitan.
#DiaInternacionalRB #RERB #terrasdomiño @depulug
o