Sábado, 12 de abril de 2025

O Lebre das Casarizas

Hoxe, emprendemos unha viaxe co grupo Amigos do Patrimonio de Castroverde, a A Peroxa e a Os Peares, dous lugares fronteirizos entre Lugo e Ourense, no entorno da Ribeira Sacra.

O motivo era visitar o Museo do Lebre, ver os restos dun castelo, degustar un xantar no concello de A Peroxa e logo achegarnos ata a aldea de Os Peares, onde confluén tres ríos: o Miño, o Sil e o Bubal.

Empezo polo museo adicado a un xenio, a un inventor, home creativo e de moitos oficios e todos lle deron pan, porque, como é sabido, se nos fiamos do refrán: "home de moitos oficios e ningún lle dá pan", non é o caso ao que se acolle o noso ata hoxe, iñorado por mín, de Manuel Fernández Fernández (1906 – 1997), alcumado O Lebre e contarei por qué ise alcume.

IMG_20250412_121513003.jpg

Súa nai, unha moza moi garrida, era un tanto acosada por múltiples pretendentes e a todos lles daba cabazas, fuxindo como unha lebre, que xa sabemos que as lebres tenden a escaparse con facilidade e velocidade.

Tivo alomenos cinco fillos/as, sendo Manuel quen coidaba dos seus irmáns máis novos porque quedaran sen pai cando él contaba nove anos.

Herdóu o alcume de súa nai e todo o mundo lle chamaba O Lebre.

Xa dende moi novo deu mostras de ser un rapaz moi intelixente pero naqueles tempos e na situación del pouca escola recibira. Pero sí tivo contacto cun paisano que sendo enxeneiro, pasáballe libros que él lía e dos que sacaba moitas ideas.

O Lebre tivo múltiples oficios: transportista, ferreiro, músico, dentista, inventor de máquinas e ferramentas que lle facilitaran o traballo , dados os poucos recursos que daquela tiña ao seu alcance e que mesmo artellaba a partir de outros en desuso, polo tanto xa practicaba a reciclaxe.

Tiña unha mente inventiva, unha xenialidade que penso xa traía consigo cando veu ao mundo e unha facilidade para dar resposta as dificultades. Se non tiña, inventába.

Así pois inventóu unha máquina de mallar con limpadora integrada que se adaptaba a todo tipo de gran.

Chegóu a vender tres malladoras. Viñan de outras partes de Galiza para ver de copiarlle o modelo pero nunca dixóu que tomasen medidas. Só podían miralas.

Mesmo fabricaba escopetas coas súas municións. Esto valeulle ir ó cárcere nunh ocasión por ameazar a un crego e noutra por mallar nun ano que houbo prohibición de usar gasolina porque escaseaba e él artellóu usar carburo, e a garda civil foi buscalo pensando que estaba infrinxindo a lei.

Pero na cárcere coincidíu cun dentista e tivo tempo de aprender del todo o referente a esa profesión que logo exercéu na súa casa e que mesmo compartíu coa súa dona quen tamén a practicaba.

O Concello de A Peroxa, decidíu valorar todo o traballo deste home e facer un museo na súa honra, no que se atopan todas as ferramentas, máquinas, etc… que ata hai pouco estaban en posesión da familia quen as cedeu todas ao museo. Un museo pequeno pero moi cheo de cencia, de invención, de arte…

Poño a continuación varias imaxes que amosan o que alí se encontra.

IMG_20250412_121326873.jpg
Moto coa que transportaba

IMG_20250412_121337456.jpg
A gaita e frauta que tocaba

IMG_20250412_121402114.jpg
Malladora, limpadora
IMG_20250412_121421344.jpg
Sulfatadora

IMG_20250412_121434406.jpg
Equipo de dentista

Logo de ver o museo, moi ben explicado pola guía do Concello de A Peroxa, fomos camiñando ata un castro no que se atopan as ruínas dun castelo dende o que hai unha vistas impresionantes de toda a redonda.

IMG_20250412_124551988.jpg

IMG_20250412_125453751_HDR.jpg

IMG_20250412_125722422_HDR.jpg

IMG_20250412_125820419_HDR.jpg

Voltamos á vila, na que se celebraba unha feira e que xa atopamos no seu final polo que non tivemos ocasión de vela, dirixímonos ao restaurante Fabas que estaba cheísimo de xente. No noso grupo eramos xa vinteséis. A comida resultóu ben e tocounos un comedor con boas vistas. Demoramos un bo anaco e, mentres, deixamos que a chuvia se desfogara despois de deixarnos facer os paseos sen amolarnos.

Tocaba ir a Os Peares, lugar onde conflúen tres ríos, como xa dixen, entre montañas e viñedos en socalcos polas ladeiras. Un lugar ribeirego e abrigado dos ventos. Cruzamos por unha ponte sobre o río e entre ríos, unha ponte de ferro, case colgante, pola que pasa o tren que vai de Ourense a Monforte. Teño que confesar que me sentín moi pouco segura sobre ela e menos mal que non pasaba o tren nese momento e pasóu un pouco máis tarde cando xa non estabamos nela.

A min soábame moito o do viño dos Peares, e razón tiña, porque foi un viño que se exportóu moito nunha época, ao estranxeiro e que deu moita riqueza ao lugar que chegóu a ter 5.000 habitantes, tendo agora só uns 200. Cando se construíu o encoro temán foi unha época que xeróu riqueza e aumentóu a poboación.

Non podía virme sen unha botella de viño que foi premiado en dúas ocasións. Tamén unha fermosa leituga que se comia cos ollos de fresca que estaba, como recén saída dunha daquelas hortas locais e que me servíu de cea.

IMG_20250412_171106672_HDR.jpg

IMG_20250412_171853428_HDR.jpg

IMG_20250412_171946175_HDR.jpg

IMG_20250412_172037832_HDR.jpg

https://leriasdebea.blogspot.com/2025/04/lebre-das-casarizas-hoxe-emprendemos.html?spref=fb&fbclid=IwY2xjawJnvN1leHRuA2FlbQIxMQABHmmQzKcAtWPFSGVPY3E-
ljfenxktpXhJC2WfThbi8EmHZ4Utz0Js39x0OdU4_aem_5wdEPnrLti8m7k116vTE8wIMG-20250412-WA0007.jpg