Lerias https://leriasdebea.blogspot.com/2023/05/via-kunig.html?spref=fb&fbclid=IwAR0QnE1PYs6PRPgZB_3ddimvF137jHEW9v_Z4h787rPea5NMmL3_Pr8iXI8

Qué a gusto me houbera quedado na cama esta mañá se lle fixera caso á miña pereza cando se trata de ter que madrugar para sair de viaxe. Houbera inventado calquera excusa con tal de non verme medio perdida polas estradas, pois o GPS non ven sendo o meu forte.

Houbérame perdido unha mañá chea de paisaxes primaverais e sobre todo o coñecemento dun camiño alternativo ao Camiño francés que pasaba por Lugo para logo unirse ao anterior, unha vez visitada ista cidade coa súa Catedral onde hai culto á Virxe dos Ollos Grandes, as vintecatro horas do día, atractivo para aqueles peregríns medievais que viñan dende lonxe, atravesando Galiza, seguindo a Vía XIX construída polos romanos.

IMG_20230527_124945146.jpg

Non quero explicar algo que se pode atopar en Internet no link: www.viakunig.eu ou simplemente buscandoVía Künig, que debe o seu nome ao primeiro peregrín que a usóu, un monxe alemán chamado Hermann Künig.

Xuntámonos nun hotel restaurante situado entre Lugo e O Corgo, concretamente no hotel restaurante Torre de Núñez, famoso polos seus enbutidos e no que posteriormente se pararía a xantar e escoitar un contacontos.

Empezamos a ruta en Castrillón, unha parroquia que xa se integrou noutras veciñas pero que o foi outrora onde se encontra un interesante castro, nunha carballeira circular, na que tamén hai unha igrexa románica que forma conxunto con outras moitas dese estilo conservadas naquela zona. Alí celebrábase unha festa en honor a San Bernabé e por este lugar do Corgo pasaba a Vía Künig da que se estan a facer pesquisas para darlle visibilidade e considerala un Camiño máis a Santiago de Compostela.

IMG_20230527_095920628.jpg

Para isto, falóunos unha investigadora arqueóloga que está traballando sobre este tema.

O castro, aínda sen escavar, conserva un amurallado perfecto e nese castro está a igrexa.

Seguimos camiñando unhas veces por estrada e outras por camiños de terra. A paisaxe é espectacular e ao ser todo chán, levabamos moi ben a mañá, que foi dividida por unha pausa para degustar, empanadas, queixos e doces caseiros, froita… así como licores de chocolate, café, limón… e refrescos variados.

IMG_20230527_120025494.jpg

Esta vez, organizado por unha asociación das varias coas que formamos grupo de irmandade e cada ano sempre é unha a que se encargarga de organizar un roteiro e de ofrecer ese tentenpé de media mañán, así como de buscar o mellor sitio para un xantar fin de xornada. Esta vez tocóulle á Asociación do Corgo.

Seguindo o roteiro, collemos unha desviación para ver unhos sartegos da época medieval que se encontran nunha zona apartada, a carón dunhas penas e que son só dous e moi igualiños e xuntos.

IMG_20230527_125434292.jpg

Pasamos pola Ponte Galiñeiros, feita en pedra e tamén da época medieval. Mantense moi ben conservada e está sobre o río Chamoso. En algunhas destas pontes había que pagar unha peaxe para poder pasar aquelas persoas que se adicaban ao comercio. O correo tamén se repartía nelas, intercambiándoo seguramente para non ter que pagar peaxes.

IMG_20230527_131849010_HDR.jpg

Aproximábase a hora do xantar no coñecido restaurante e aínda que non todo o grupo participóu nél, agradecemos ter chegado de volta en autobús que nos libróu do último tramo de tres quilómetros cando xa o sol areciaba e os corpos se negaban a camiñar.

IMG_20230527_125606694.jpg

A natureza sempre nos sorprende.

IMG-20230527-WA0007.jpg