Antón Xosé Meilán García, nace en Mondoñedo.
1979 Licenciado en Filoloxía Románica -Lingua e Literatura- pola Universidade de Oviedo.
En 1989 Doutórase en Filoloxía Románica -Subsección Español- pola Universidade de Oviedo.
Desenvolveu a súa carreira profesional na Universidade de Oviedo.
Entre 1994 e 2007 exerceu como catedrático da Escola Universitaria na área de Lingua e Literatura Española, Departamento de Filoloxía Española,.
De 2007 a 2020, profesor titular de Universidade, área Lingua Española. Neste último ano recibiu o nomeamento de Profesor Emérito Honorífico da Universidad de Oviedo.
Ten publicados múltiples obras e artigos. Uns 50 títulos desde 1980 ata 2021 que non imos enumerar aquí.
Obras sobre a lingua española e, arredor da lingua do Occidente de Asturias, é dicir o galego de Asturias. Ten traballado sobre autores como Leiras Pulpeiro, Manuel María, persoeiros históricos desde O Marical Pardo de Cela ata a obra que presenta hoxe arredor de Dona Costanza de Castro.
Agradecer que estea hoxe connosco,
Agradecer tamén ao CPI e a súa dirección que nos deixaran este salón de actos, e que nos acompañe a Sra. Directora, tamén dara as Grazas a Pilar Ferreiro, Sra. Concelleira de Cultura pla súa presenza.
Por que presentamos aquí LOITA, RESISTENCIA E MORTE?
Cando soubemos que varias asociacións estaban apoiando a recuperación da Fortaleza de Vilaxoán, nós decidimos apoiar os actos que se fixeron a partir da primavera de 2021 e, presentala hoxe aquí, pensando tamén na Nosa Fortaleza e a súa reinvindicación para que pase a ser do POBO de Castro Verde. Niso andamos e levamos reclamando desde hai máis dunha década.
Saúde, Terra, Lingua e Patrimnio.
Castro Verde, 26-02-2022
Deixa unha resposta