REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
NOTA INFORMATIVA
Mañá venres, día 8 de outubro, ás 17:30 horas, terá lugar na Biblioteca do Museo Provincial de Lugo a presentación de CABODANO. II ANDAINA de Mónica Alonso. No acto intervirá, ademais da artista, o comisario do proxecto Cabodano da actividade editorial do CEF, Manuel Sendón. Tamén estarán presentes Maite Ferreiro, vicepresidenta da Deputación de Lugo; Encarna Lago, xerente da Rede Museística e Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo.
Lugo, 7 de outubro de 2021
difusion
Deixa unha resposta