ADEGA-Lugo convídate á estrea do vídeo-documental sobre as Covas de Vale de Baralla, elaborado pola organización ecoloxista ADEGA.

A estrea deste documental será o punto de lanzamento da campaña #Salvemos Covas Vale a través da cal ADEGA, xunto con outros colectivos culturais, pretende dar a coñecer este patrimonio común, promover o estudo e investigación dos seus valores e contorna e procurar a súa protección efectiva acorde coa súa situación de risco. Actualmente, sobre as Covas de Vale pende a ameaza dun proxecto de explotación mineira.

O documental, que ofrecerá imaxes inéditas do interior das Covas de Vale, proxectarase para o público xeral e de balde o vindeiro xoves, 14 de marzo ás 20.30 horas no Cárcere Vello de Lugo.

Tras a proxección do vídeo abrirase un tempo para reflexión e o coloquio con representantes de ADEGA e doutros colectivos que participaron e participan na posta en valor das Covas de Vale como son Patrimonio de Ancares, Cultura do País, Drosera, entre outros, e especialistas a título individual. Tamén estará presente a autora do filme.

Agardámoste!

Difunde o cartaz.

Grazas!!!

ADEGA-LUGO