BREVE RESUMO

ROTEIRO PÁRAMO FURÍS DE ARRIBA – LEMBRANDO A MANOLO GÓMEZ e CONMEMORACIÓN DO DÍA DA ÁRBORE

Sábado, 10 de marzo de 2018

Nun día que comenzou chuvioso, principiamos este roteiro na igrexa de Páramo (San Miguel) , visitando o Castiñeiro centenario no lugar de A Molar ou Molar, onde lemos poemas a diversas ábores, flores e rosas. Ao pé deste imponente castiñeiro demos lectura aos poemas “Arbre” de C. Emilio Ferreiro, e “Castiñeiro” de Manuel María. Continuamos o roteiro por Porcín e Páramo con pequenas paradas e dando lectura a diversos poemas de Manuel María.

En Furís de Abaixo puidemos ver muíños relos, e diante da casa do lembrado Manolo Gómez léronse, entre outros os poemas “Rosas” e “Rosa” de M. María e, gardamos un minuto de silencio na súa memoria.

Seguimos ata chegarmos ao pé da croa de Furís, onde hai outro muíño relo e continuamos ata Furís de Arriba onde rematamos o roteiro de hoxe, e onde nos encontramos coa desagradable sorpresa de vermos outro panel- atril totalmente destrozado ( xa imos polo terceiro ou cuarto panel destruído). Panel que informaba do cruceiro e igrexa de Furís.

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio.

10 de marzo de 2018