Departamento de Difusión

Praza da Soidade, s/n. – 27001 LUGO Telf.: 982 24 21 12 difusion/www.museolugo.org

NOTA INFORMATIVA

Como complemento da exposición ‘A pintura mural de Santa Eulalia de Bóveda. Acuarelas de Elías de Segura, 1927’ (que do 25 de xaneiro ao 15 de abril de 2018 permanece aberta no refectorio do Museo Provincial de Lugo, mostra comisariada por Enrique Montenegro e Aurelia Balseiro e realizada co apoio do Museo Arqueolóxico Nacional), mañá venres, día 2 de marzo, vai ter lugar unha Xornada monográfica sobre a Importancia patrimonial de Santa Eulalia de Bóveda que se vai desenvolver segundo o seguinte programa:

10:00 h. Presentación oficial

10:15 h. primeira charla: Las reproducciones de pintura mural durante la primera mitad del s. XX en España. Los trabajos del conservador-restaurador Elías de Segura y Zabarte

María Concepción García Cabarcos (investigadora e colaboradora co Museo Nacional del Prado)

11:15 h. segunda charla: Una relectura de Santa Eulalia de Bóveda. La restauración de sus pinturas murales desde la perspectiva actual.

Teresa Valle, restauradora das pinturas de Sta. Eulalia (Instituto Patrimonio Cultural de España, IPCE)

12:15 h. Pasado, presente e futuro patrimonial das pinturas de Santa Eulalia de Bóveda: Mesa redonda moderada por Aurelia Balseiro e composta polos anteriores poñentes máis os seguintes convidados: Adolfo de Abel Vilela (historiador e presidente de Lugo Patrimonio), Felipe Arias Vilas (arqueólogo), Enrique Montenegro (Doutor en Prehistoria e Arqueoloxía), Enrique González Fernández (arqueólogo, Concello de Lugo), Enrique Alcorta Irastorza (arqueólogo MPL) e Blanca Besteiro (restauradora MPL).

13:15 h. Debate Coloquio