Achegamos cartel anunciador das Xornadas Forestais que organiza na Órrea a Asociación de Veciños e Veciñas da parroquia, entidade integrada na AC "Avelino Díaz". As xornadas terán lugar, no local parroquial (a carón da casa natal de Avelino) os sábados 13, 20 e 27 de xaneiro. A asistencia é libre.

Lembramos que a AC "Avelino Díaz" intenta colaborar, na medida das súas posibilidades e sempre que teña coñecemento previo das mesmas, na difusión das actividades organizadas polos colectivos integrados nela.

Máis información en www.avelinodiaz.gal e nos perfís de Facebook e Twitter da Asociación.

AC Avelino Díaz
www.avelinodiaz.gal