Gaitafilmes, entidade integrada na AC "Avelino Díaz" organiza unha nova sesión de "M de cine" o venres, 30 de decembro, a partir das 18.30 h., na Casa da Cultura de Meira.

As actividades inclúen a estrea, en Meira, da longametraxe Dhogs, despois do seu exitoso periplo por medio mundo.

​O programa completo pode ollarse clicando na imaxe da esquerda.

Lembramos que a AC "Avelino Díaz" intenta colaborar, na medida das súas posibilidades e sempre que teña coñecemento previo das mesmas, na difusión das actividades organizadas polos colectivos integrados nela.

Máis información en www.avelinodiaz.gal e nos perfís de Facebook e Twitter da Asociación.

AC Avelino Díaz
www.avelinodiaz.gal