A Asoc. Amigos do Patrimonio de Castro Verde súmase aos actos do Día Internacional de Eleminación da Violencia contra a Muller
REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
Departamento de Difusión
Praza da Soidade, s/n. – 27001 LUGO Telf.: 982 24 21 12 difusion/www.museolugo.org
NOTA INFORMATIVAvinM
O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller celébrase en todo o mundo o 25 de novembro, data sinalada pola ONU para chamar a atención sobre a discriminación e a desigualdade por razón de xénero. Con tal motivo, e dentro do programa de Museoloxía Social, os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo conmemoran esta data reivindicativa baixo o lema “Denunciar a violencia. Escribir a liberdade”, cunha serie de actividades que se desenvolverán, nos museos que integran esta Rede, entre o 18 e o 25 de novembro. Así, mañá sábado, día 18, de 11:30 a 13:00 horas, terá lugar no Museo Provincial do Mar o obradoiro: Eu son o que eu soño, dirixido a rapaces/zas de 4 a 14 anos.
Tamén o luns, día 20, de 10:30 a 12:30 h, vaise desenvolver no Museo Provincial de Lugo un obradoiro para o Secretariado Xitano, obradoiro que estará ao cargo de de Encarna Lago e Violeta Bernardo.
Lugo, 17 de novembro de 2017
Deixa unha resposta