16 de Novembro: A Rede do Patrimonio únese ao Día do Patrimonio Mundial

Este 16 de novembro de 2017 celébrase o Día do Patrimonio Mundial, promovido pola UNESCO (A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura). A Rede do Patrimonio Cultural quere contribuír á visibilización do patrimonio cultural galego e das entidades que o promoven, protexen e poñen en valor, ofrecendo por primeira vez un calendario conxunto de actividades do movemento social ao redor do patrimonio cultural de Galicia.

Emprega o hashtag #DiadoPatrimonio para as túas comunicacións nas redes sobre o evento!

Somos 25 entidades da Rede do Patrimonio Cultural e 39 actividades nas que podes participar, unirte, coñecer e gozar do noso patrimonio cultural. Xunto a cada entidade proporcionamos unha ligazón na que podes contactar con ela para obter máis información sobre a actividade.

LISTA DE ENTIDADES E ACTIVIDADES

Amigos de Historia de Galicia

Unha programación especial de artigos no web co gallo do Día do Patrimonio!

[Web de Historiadegalicia.gal]