O próximo 8 de xullo, sábado, celebraremos por 4º ano o Convivio da Cultura Galega en Outeiro de Rei da Terra Chá. Unha xornada de encontro, de convivencia e de festa de todas as xentes e entidades que ano após ano traballamos, cada quen desde a súa expresión, difundindo e creando cultura do noso. Un día de festa, por volta de Manuel María e do seu compromiso coa cultura galega, de base e popular, nun espazo físico lindo como é a carballeira de Santa Isabel, á beira do Miño.
O Convivio, promovido pola Casa-Museo Manuel María, coa colaboración da Federación Galiza Cultura e a Asociación Cultural e Musical Solfa, terá o seguinte horario:
11.00 h: Acollida na Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei (detrás do edificio do concello)
11.15 h: Benvida na horta da Casa-Museo por parte das entidades promotoras do Convivio da Cultura Galega.
11.30 h: Saída a pé para a carballeira de Santa Isabel con parada no cemiterio de Outeiro para realizar unha ofrenda floral a Manuel María.
12.00 h: Actuación na carballeira de Santa Isabel da Banda de música de Begonte-Rábade-Outeiro e da Banda e Coro da asociación cultural e musical Solfa
14.00 h: Xantar demorado. Cada quen trae a súa comida. O espazo conta con algunhas mesas e a organización pon as cadeiras.
17.00 h: Foliada na carballeira con distintos grupos musicais (Milesios, Pirilampo…) que interpretarán unha serie de pezas e aberta a quen queira cantar, tocar, bailar… Contacta con nós en contacto (tel. 698177621).
Así que, reservade esta data nos vosos calendarios e animádevos a vir ao Convivio e participar desta festa-romaría que leva a brincar no corazón. Se puiderdes, agradeceríamosvos que o difundades por todos os medios que teñades á vosa disponibilidade (achegámosvos neste correo un pequeno cartaz con toda a información de interese).
Ás 11.30 manteremos un encontro aberto no auditorio da Casa-Museo entre as directivas das entidades culturais de base que queiran asistir de cara a partillar experiencias e artellar algunha acción conxunta.
Deixa unha resposta