O vindeiro venres 9 de xuño celebrarase no Campus de Lugo o 25 aniversario da aprobación da Directiva Hábitats (DC 92/43/CEE) e da creación do programa LIFE. Para avaliar os resultados conseguidos e progresos alcanzados, vai ter lugar un evento no que os 4 últimos proxectos LIFE do Campus Terra da USC presentarán os seus resultados esperados, beneficios ambientais producidos e coñecemento xenerado.
A asistencia é libre, todo o mundo está invitado a asistir ao evento.
O anuncio na web do IBADER se atopa en http://www.ibader.gal/ampliar/85/611/2017/06/09-25-anos-de-proxectos-LIFE-dende-Galicia-sobre-natureza.html
Tamén se pode consultar o evento na web de LIFE-25 years: http://life-25.eu/25-anos-de-proyectos-life-desde-galicia-sobre-naturaleza-biodiversidad-y-accion-por-el-clima/
A continuación incluimos o programa da xornada, achegando tamén o cartaz de presentación.
25 anos de proxectos LIFE dende Galicia sobre natureza, biodiversidade e acción polo clima
1.- DATOS XERAIS
Organiza: Campus Terra – USC
Colaboran: Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, Concello de Lugo, Comisión Europea DG Medio Ambiente.
Sede do acto: Casa do Saber. Praza Pío XII, 27001, Lugo (España)
Data: Venres, 09 Xuño do 2017
Hora: 18:00 – 20:00 horas.
Nº Prazas: 100 (aforo do local)
Asistencia libre: ata completar aforo do local
Contacto: Luisa Vázquez
Correo electrónico: vr.desenvolvemento
Teléfono: 982821505
2.- CONTIDO DO EVENTO
Celébrase o 25 aniversario da aprobación da Directiva Hábitats (DC 92/43/CEE) e da posta en marcha do programa europeo “LIFE” [http://ec.europa.eu/environment/life/], avaliando o seu impacto e vantaxes sobre o medio ambiente durante un cuarto de século. Para iso planease unha xornada que permita achegar á sociedade en xeral, e aos axentes implicados en particular (administracións, xestores, entidades locais, organizacións non gobernamentais …), os principais resultados dos proxectos LIFE de Natureza e Acción polo Clima que durante os últimos 25 anos desenvolvéronse en Galicia, e nos que diferentes equipos da Universidade de Santiago de Compostela formaron parte como coordinadores ou asociados.
O evento contará coa participación de membros dos equipos dos seguintes proxectos LIFE, que transmitirán á audiencia o grande paso que supuxo a execución e posta en marcha de cada un deles, a través dos resultados, os desafíos superados, os beneficios ambientais proporcionados e o coñecemento xerado.
3.- ORGANIZACIÓN DA XORNADA
O acto será moderado por un representante da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e estruturarase en tres partes:
· Mesa inicial de presentación.
· Exposición dos proxectos LIFE.
· Rogos e preguntas.
Na primeira terá luar una mesa inicial de presentación que contará coa participación das seguintes administracións, entidades locais e organizacións vinculados a execución e xestión dos proxectos LIFE involucrados en este acto:
· Universidade de Santiago de Compostela (USC)
· Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
· Comisión Europea. Programa LIFE
· Deputación de Lugo
· Concello de Lugo
Na segunda parte o moderador dará entrada aos membros dos Proxectos LIFE convocados para esta xornada, que serán:
· LIFE Tremedal: Pablo Ramil Rego.
· LIFE Margal Ulla: Mª Paz Ondina Navarret.
· LIFE Lugo+ Biodinámico: Antonio Rigueiro Rodríguez.
· LIFE Baccata: Javier Ferreiro da Costa.
Cada unha de estas persoas presentará á audiencia o gran paso que supuxo a execución e posta en marcha de cada un deles, a través dos resultados, os desafíos superados, os beneficios ambientais proporcionados e o coñecemento xerado.
Na terceira parte, abrirase un pequeno espazo para que os asistentes poidan realizar algunha pregunta ou solicitar algunha aclaración acerca dos proxectos expostos.
Lab. Biodiversidade (GI-1934 TB)
IBADER
Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural
Campus Terra. Universidade de Santiago
E-27002, LUGO
Telfs: +34 982 824 504 / +34 982 824 507
Fax: +34 982 824 508
ibader.bio ibader.ttb
Deixa unha resposta