Este sábado, día 6, ás 20 horas, o Grupo de Zanfonas da Tradescola ofrecerá un concerto no auditorio da Casa-Museo Manuel María. Esta é a unica escola de zanfona que mantén o estilo tradicional dos vellos cantores con zanfona.

O concerto é de balde, mais pódense reservar os billetes en [email protected] ou chamando ao teléfono 698177621

Achegámosvos a imaxe do cartaz por se o podedes difundir, así como un pequeno corte dun concerto deste grupo musical.

Saúdos e grazas. Casa-Museo Manuel María