BREVE RESUMO – ROTEIRO, HOMENAXE e PRESENTACIÓN LIBRO
Sábado, 11 de marzo de 2017
No día de onte, sábado 11 de marzo, fixemos un pequeno roteiro pola contorna do río Miño, saíndo da ponte romana e voltando ao mesmo punto, aludimos ao Camiño Primitivo e á reivindicación da súa Traza Histórica, pasamos ao pé da capela de San Lázaro, río ou rego Segade onde houbo relos e muíños, segundo Lidia, e a mostra dun deles queda ao pé do roteiro. Podendo ver os dous ou tres caneiros existentes, o primeiro era o lugar do chapuzo, onde as persoas maiores aludiron que viñan de mozos, bañarse no verán e que todas as veigas estaban con merendas. Recentemente logrouse que se sacara o que ían construír para a fábrica da luz, e agardamos que definitivamente ese proxecto quede enterrado e non se volvan facer barbaridades no río. Realmente dá a sensación que queremos rematar con todo.
Xa en Orbazai, cruzamos o río Mera, camiñamos por medio de carballeiras entre o Miño e os lugares de Vilar e Adai pasando ao pé da depuradora e voltando polo lado contrario que nos levou de novo á ponte vella. Puidemos ver que o Miño segue desatendido con árbores caídas.
Pola tarde.
Pequena Homenaxe a Manolo Gómez Arrojo, coa colocación dunha placa cun poema que escribiu na súa honra Paco Quiroga e leu R. G. Polín e facendo unhas oportunas reflexións baseándose nas palabras de José Luís Sampedro, falando da libertade de pensamento e da democracia, tamén fixo unha intervención o seu curmán César Gómez que se indentifica con Furís e coa casa de Cantiz. Contando unha anécdota de como se salvou seu pai do fusilamento en México e o regalo do manto para a virxe da igrexa de Furís.
Pola tardiña, varios socios participaron na presentación do libro O silencio do orballo de Suso Trashorras Nogueira, dando lectura a poemas do devandito libro, onde participaron á parte de socios, perto de corenta persoas, con actuacións musicais por parte de Zuncurrundullo e Acordeonistas de Castro Verde.
Saúde, Terra e Lingua.
Manolo
Deixa unha resposta