"O conto de Barriga Verde" o sábado, día 4 de marzo, na Casa-Museo Manuel María
Maxia, humor e narración oral mestúranse neste espectáculo unipersoal protagonizado por Fran Rei e baseado en obras de Manuel María
O sábado, 4 de marzo, ás 18 horas no auditorio da Casa-Museo Manuel María, o actor Fran Rei levará a cabo "O conto de Barriga Verde", escrito por Avelino González a partir de tres obras de Manuel María (Barriga Verde, Os soños na gaiola e Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela).
Nesta sinxela historia, Fiz, un mozo labrego galego, terá que enfrontarse o Serrador e o Demo polo namoramento da sempre belida Moza. Coa axuda da maxia do seu padriño Barriga Verde, vello e neno ao mesmo tempo demostrarán que nada é máis forte que o amor verdadeiro.
O espectáculo dura pouco menos de unha hora e está dirixido a público infantil e familiar. O prezo do billete é de 2 euros e pódense facer reservas en contacto ou chamando ao tel. 698177621.
Esta actividade é programada pola Casa-Museo Manuel María, a ANPA do Ceip Ruíz Laverde de Outeiro de Rei e a ANPA do Ceip Otero Pedrayo de Rábade.
Deixa unha resposta