A Asociación Amigos do Patrimonio non só quere recuperar o cruceiro das Cavozas, senón tamén o da Peniñas Brancas na parroquia de Francelos baixando de Castedo, o das Casas do Monte, o de Serés e que se devolvan os que están na Veiga do Olmo ao seu lugar de orixe. Tamén reclamamos que non se usurpen os camiños públicos do Concello, como poden ser anacos do Camiño Primtivo, Vía XIX, os diferentes Camiños Reais e de Arreiros, tan só por citar algúns e recuperar todos os monumentos que teñan interese como poden ser: igrexa de Soutomerille, igrexa vella de Cellán de Mosteiro ou o convento de Monte Cubeiro, só por citar algúns elementos, mais seguro que se nos esquecen moitas outras cousas.
E sobre todo que o Concello de Castro Verde retome dunha vez por todas A Torre da Fortaleza para o pobo
Deixa unha resposta