REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
(Museo Provincial de Lugo)
Departamento de Difusión
Praza da Soidade, s/n. – 27001 LUGO Telf.: 982 24 21 12 Fax: 982 240 240 difusion /www.museolugo.org
NOTA INFORMATIVA
Dentro do programa de Roteiros de Verán da Rede Museística da Deputación de Lugo, para os vindeiros días 12 e 13 de agosto haberá un servizo gratuíto de autocares para os seguintes destinos:
Día 12: Museo Pazo de Tor
Saída de Lugo ás 16:00 horas / saída de Tor ás 20:00 horas.
Programa de actos
– 18:00 horas. Presentación do libro de Otero Regal A Maruxaina e outras sereas.
– 18:30 horas. Inauguración de Estudio Aberto 5.
– 19:00 horas. Visita guiada ao Museo Pazo de Tor.
Día 13: Museo Provincial do Mar (San Cibrao-Cervo)
Saída de Lugo ás 9:00 horas / saída de San Cibrao ás 19:00 horas.
Programa de actos
– 11:00 horas: Visita guiada ao Museo Provincial do Mar
– 12:00 horas. Presentación do libro de Otero Regal A Maruxaina e outras sereas.
– 13:00 horas. Xantar comunitario (cada asistente deberá levar a súa propia comida) e participación na festa da Maruxaina.
Todas aquelas persoas interesadas en asistir a estes actos, deberán apuntarse no seguinte enderezo de correo electrónico (xerencia-redemuseos) denantes do día 10. Lémbrase que o número de prazas é limitado, polo que a inscrición será por rigorosa orde de reserva.
Lugo, 1 de agosto de 2016
Deixa unha resposta