Onte martes, día 7 de xuño, tivo lugar no CPI de Castroverde o coloquio-debate sobre o eucalipto, que reuniu a ponentes e asistentes de tódalas posturas. O debate foi limpo e razoado, cunha exposición pormenorizada dos distintos argumentos técnicos e legais. A participación do público nos dous turnos posteriores de preguntas, moi axeitadamente moderados, foi abondosa e as súas preguntas recibiron resposta cumprida. En termos xerais, o debate pódese considerar un éxito na explicación dos puntos de vista, así como no entendemento mutuo e o achegamento razoable e progresivo das partes implicadas.
14 Xuño, 2016 at 12:03 a.m.
Gracias amigos do patrimonio polo bon traballo que faceis .
Muñiz non estas solo
Ai moita xente que t apollamos