BREVE RESUMO
IX ENCONTRO DE ASOCIACIÓNS CULTURAIS
ORGANIZADO POR “A CANTEIRADE NEDA”
Asociacións participantes: AGRUPACIÓN INSTRUCTIVA DE CAAMOUCO, Redes-Ares. ASOCIACIÓN ANDAINA A CANTEIRA, DE NEDA. ASOCIACIÓN ARUMES DO CORGO, ASOC. CULTURAL ARCAS DE SARRIA. AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTRO VERDE.
Este sábado, 28 de maio tivo lugar o IX Encontro de Asociacións que transcorreu polo concello de Neda
Marchamos desde o Albergue do Camiño Ingles situado na desembocadura do Rio Xubia en Neda, onde comeza a Ria de Ferrol e Comarca, facendo un percorrido duns 2 km. Polo Camiño Inglés, continuamos pola Rúa Castro .e Rúa Real da Vila de Neda en dirección ao Río Belelle para facer a Ruta dos Muíños durante 9 km. , logo de tomar uns abundantes e variados manxares, subimos ata a fermosa Fervenza do río Belelle, voltando ao Pavillón do Roxal arredor das 14:00 h. onde xantamos; acompañados de actuacións musicais antes e despois do xantar, con Lucero del Alba e outros excelentes cantores, Lolo, Cacabelos, entre outros. Rematamos cunha queimada e a proba da bola de Neda.
Grazas polo bo acollemento e por todos os detalles durante toda a xornada.
Para o vindeiro encontro, X ENCONTRO, tócanos organizalo aos de Castro Verde.
Saúde, Terra e Lingua
Manolo
Deixa unha resposta