Este sábado 30 de abril, ás 11:00 h. na Veiga do Olmo (Castoverde), celebrarase unha plantación de árbores autóctonas en homenaxe ós bosques e ás paisaxes que crearon os nosos avós. A plantación será realizada por voluntarios, coa posibilidade de apadriñar a árbore plantada e de levar para a casa máis árbores para continuar o labor. Convídase a participar a toda persoa interesada que queira poñer as súas mans para a obra e se non pode traballar pode facer compañía; todo o demais corre da nosa conta.