ASOC. ARCAS DE SARIA   – AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTROVERDE                                                                                                             

BREVE RESUMO ROTEIRO LEIRAS PULPEIRO

                        bado, día 9 de abril de 2016                     

             Este sábado, día 9 de abril de 2016,  as Asociacións Arcas de Sarria e Amigos do Patrimonio de Castro Verde realizamos o roteio Leiras Pulpeiro con visitas a diversos lugares de Mondoñedo, mais sempre con referencia aos espazos do médico dos pobres.

Chegamos aos Remedios e zona da Alameda de Mondoñedo, onde nos agardaban compañeiros das asociacións Abrindo Camiño – Amigos Camiño Norte de Santiago e Grupo Literario Leiras Pulpeiro, representados por Luís Fdez. Ansedes,  Javier e Suso que nos acompañaron ao longo do día e agradecemos desde aquí a súa disposición e amabilidade. Comenzando a visita pola igrexa dos Remedios e Alameda de Modoñedo onde puidemos disfrutar dunhas fermosas vistas, logo das oportunas explicacións, desde aquí achegámonos ao Cemiterio Vello onde visitamos o cemiterio civil, dos pobres e dos grandes mausoleos e panteóns dos egrexios persoeiros mindonienses que sobresaíron en diversos campos da cultura, desede Álvaro Cunqueiro, Pascual Veiga, mestre Pacheco, etc.ata rematar visitando o panteón de Leiras Pulpeiro, onde o seu epitafio reza: “AMOU A VERDADE E PRATICOU O BEN”

 

A seguír visita ao Centro de interpretación do Camiño de Santiago onde nos agardaban o concelleiro de Cultura, Alberto, e membros das asociacións. Aproveitamos desde aquí para dar as grazas ao concelleiro e ao Concello de Mondoñedo por ternos facilitado esta e outras visitas, como puido ser o centro de interpretación da Alcántara onde están representados os principais literatos mindonienses: Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Pascual Veiga e Álvaro Cunqueiro.

Continuamos a visita pola vila e achegándonos aos lugares da praza e rúa de Leiras Pulpeiro, Fonte Vella para descender até o Barrio dos Muíños, pasando pola casa natal de Leiras, capela de San Roque, Ponte do Pasatempo e canles e espazos máis representativos deste humilde barrio mindoniense que acolle ,de xeito integrador, a un grupo de diversos artesáns.

Despois do xantar, participamos nunha competición do xogo da chave, onde varias persoas demostraron a súa pericia nesta disciplina, resultando moi divertido e motivador. Seguidamente, visita á catedral e museo catedralíceo para rematar realizando parte do percorrido do Roteiro Leiras Pulpeiro en dirección á ponte da Recadieira, antiga fábrica da luz e área recreativa da Fervenza.

Novamente, grazas a todos os que nos atenderon en Mondoñedo, á parte dos citados anteriormente, grazas a: Juan Ramón Fdez. Pacios Historiador encargado do Centro de Interpretación do Camiño, a Abel Vigo, encargado, do Centro Cultural da Alcántara, historiador-arqueólogo  e membro do Grupo Literario “Leiras Pulpeiro” e a Simonetta Dondi historiadora e guía do Museo Catedralicio, por ternos adicado o seu tempo e nos achegaren, de xeito amigable, á súa historia e lugares que doutro xeito dificilmente coñeceriamos.

Saúde, Terra e Lingua

Manolo