O pasado día 17 de outono realizamos o roteiro da Vía XIX polo noso concello e detectamos que había varios indicadores, “chitos” ocultos pola maleza e anacos do camiño da Vía XIX, perto do río Tórdea, despois de Miranda que non se podía transitar. Comprometémonos, persoalmete, a limpalo. Achegamos unha amosa do traballo realizado o sábado, día 5 de decembro, por socios de Amigos do Patrimonio na Vía XIX, entre Pereira (Furís) e Tórdea. Aproveitamos tamén para limpar o fermoso cruceiro e pousadoiro de Miranda e repoñer un “chito” no Roteiro Furís – Páramo.
13 Decembro, 2015 at 1:05 a.m.
É verdadeiramente indignante o desleixo que sofre o patrimonio do concello (Torre da Fortaleza, Igrexa de Soutomerille, Vía XIX, etc…). Un insulto para a memoria dos que nolo deixaron e unha desvergonza para as xeracións futuras que nos reclamarán o que non fixemos por salvalo. Mais seica a cultura non dá votos…
Grazas lles sexan dadas aos Amigos do Patrimonio polos seus esforzos!