Boa noite!
Lembramos a actividade o próximo sábado. Os/As que pensedes participar tedes que comunicalo antes do dia 23 de setembro, mércores.
Aproveito para comentar que podedes ver a referencia da última parte do acto
III FESTA DE AFIRMACIÓN E A DIGNIDADE
Asociación Terras de Lugo e a Asoc. Amigos do Patrimonio de Castro Verde promoven a:
– Elaboración de documento marco para planificación interpretativa do territorio de actuación da Asociación
e
– ROTEIRO polo Miradoiro da Terra Chá (PR-G 155)".
Sábado, día 26 de setembro de 2015
Ás 11:00 h. Saída de Castro Verde.
Ás 11:30 h. Recollida en Castelo, Ronda da Muralla frente a sindicatos, Avda. de A Coruña
Ás 12:00 h. Xornada de difusión aberta ao público de 12:00 h. a 14:00 h.
no auditorio da Casa-Museo Manuel María. Elaboración de documento marco para planificación interpretativa do territorio de actuación da Asociación.
Arredor de as 14:15 h. xantar nun restaurante da vila.
Pola tarde.
Ás 16:30 h. Andaina pola ruta de sendeirismo homologada "Miradoiro da Terra Chá (PR-G 155)". Trátase dunha ruta circular, duns 10 quilómetros, asequible e que se pode facer en menos de 3 horas. Caracterízase por pasar por un dos lugares máis máxicos da Terra Chá: Penas de Rodas e por un dos miradores coas vistas máis espectaculares desta extensión: A Cruz de Paraños (614 m. de altitude). Iniciarase o percorrido en Francos (a carón da casa de turismo rural Reboreda de Abaixo) para rematar no mesmo lugar sobre as 19:30 h.
CUSTO TOTAL DA ACTIVIDADE: Xantar + autobús= 25 €
A actividade está organizada pola “Asociación Terras de Lugo” da que formamos parte a Asociación Amigos do Patrimonio de Castro Verde.
Agardando a vosa presenza, recibide un cordial saúdo.
Manolo
Haberá autobús se se apuntan como mínimo 15 persoas.
—
Asociación Cultural Amigos do Patrimonio de Castroverde
e_mail: amigosdopatrimoniodecastroverde / amigospatrimoniodecastroverde
Teléfono: 659.523.960
Se non é imprescindible non imprima esta mensaxe.
Favorecerá a súa economía e o medio ambiente
Deixa unha resposta